14.8.15

Co gallo de que, no 2016, as Letras Galegas se dedican a Manuel María, o EDNLG decidiu poñer en marcha esta bitácora coa que pretendemos dar a coñecer a súa figura e a súa obra.
Trátase dun blog colaborativo, no que iremos propoñendo actividades nas que, ó longo de todo o curso, poderá participar todo o alumnado do centro, pero tamén aberto ás súas familias e a calquera que visite a páxina. Agradecemos xa desde agora esta colaboración, da que depende a vitalidade desta bitácora e, por suposto, será ben recibida calquera suxestión.

Para facernos chegar as vosas ideas, traballos, opinións... podedes engadir "comentarios" na pestana correspondente (curso, familias, visitantes, persoal do centro) ou ben enviar un correo a: bepeal1@gmail.com

EDNLG do CPI Luís Díaz Moreno