3º/4ºESO

RESPOSTA Á PROPOSTA 2: INVESTIGAR


María Luz Corral Uzal, bibliotecaria municipal de Oleiros, respondeu á solicitude de información sobre a razón de que, neste concello, houbese unha biblioteca que levase o nome de Manuel María. A súa resposta, que a continuación reproducimos, veu acompañada de varios arquivos nos que se recollen o discurso do alcalde ó inaugurar esta biblioteca, artigos dos xornais ó respecto, fotografías...; por todo isto, dámoslle as grazas a María Luz Corral que, sen dúbida, dedicou bastante tempo a recompilar toda esta información.

Esta foi a súa resposta:

O  Concello de Oleiros posúe oito bibliotecas municipais e, ao pouco  tempo de morrer o escritor Manuel María, o Equipo de Goberno encabezado  polo Alcalde,  Ángel García Seoane, tomou a decisión de realizarlle unha homenaxe e  nomear a biblioteca municipal da parroquia de Oleiros como Biblioteca  Pública Municipal Manuel María.
A razón pola que se decidiu poñer este nome vai ben explicada no discurso do Alcalde.
Unha  vez que o equipo de goberno toma esta decisión, puxéronse en contacto  con Saleta Goy, viúva do escritor, para ver se lle parecía ben e, ao dar  o seu consentimento, xa se procedeu á organización do acto.

FOTO INAUGURACIÓN
DISCURSO DO ALCADE
PLACA BIBLIOTECA
XORNAL
XORNAL2
XORNAL3
XORNAL4
TARXETÓNl
CARTEL l

Reiteramos o noso agradecemento a María Luz Corral.
José Manuel Fernández (4º ESO, CPI Luís Díaz Moreno).
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------
 DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Aquí temos xa un cartel de cine deseñado polo alumnado de 3º de ESO e mais por Lidia, a súa titora:

 E deseñaron tamén uns marcapáxinas:




Parabéns polo voso traballo.


DÍA DA LINGUA MATERNA

O alumnado de 3º de ESO deseñou un tríptico e uns pósters para conmemorar este día:






Luís e Fran:

                                     
VARIANTE DA PROPOSTA 7. DEBUXAR
Nesta ocasión, no canto de redeseñar portadas dos libros de Manuel María, Miguel Quiroga decidiu ilustrar algúns dos seus poemas. Velaquí o resultado:

 





Esher López envíanos unha alternativa á portada dun dos libros de Manuel María:

E Manuel, Marcos, Fran e Luís propoñen estas portadas alternativas a Muiñeiro de Brétemas e Terra Chá:
                     

RESPOSTA Á PROPOSTA 9: NUBES DE PALABRAS CON TAXGEDO

Esther López




Marta Fernández



Silvia Parrado


 Miguel e Sergio

    
Marcos, Manuel, Luis e Fran


      Manuel, Luis, Marcos, Fran, Miguel                                                                   Miguel e Sergio

RESPOSTA Á PROPOSTA 15. VIDEOPOEMAS

Esther López envíanos este traballo sobre o poema "A fala":

video   

E Marta Fernández, estoutro:

video


O seguinte é de Miguel, Marta Fernández e Esther:

Este é un Prezzi enviado por Marta Álvarez:


PROPOSTA PARA A CONMEMORACIÓN DO DÍA DA POESÍA

Silvia Parrado envíanos a resposta á proposta que realizamos para conmemorar este día:

Poetas e poetisas que escriben sobre a poesía.



LA POESÍA



Si digo:

LA POESÍA ES UNA TORRE DE BABEL,

Me acusarán de poco original.

Si digo:

LA POESÍA ES LA ORDENACIÓN DEL CAOS

EN LA PALABRA,

me acusarán de cursi.

Si digo:

LS POESÍA ES UNA CASA DE PUTAS

Y LOS POETAS SUS CAMPANILLEROS,

me acusarán de obsceno y procaz.

Por eso cierro el pico.

So pena, me acusen de complicidad.



Jorge Torres, poeta valdiviano.







¿Qué es poesía?, dices mientras clavas

en mi pupila tu pupila azul.

¿qué es poesía? ¿Y tú me lo preguntas?

Poesía... eres tú.

Gustavo Adolfo Bécquer.







¡La poesía! Pugna sagrada,

radioso arcángel de ardiente espada,

tres heroísmos en conjunción:

el heroísmo del pensamiento,

el heroísmo del sentimiento

y el heroísmo de la expresión.

 Salvador Díaz Mirón.





La eterna pregunta…

¿Qué es poesía? Es la pregunta que se oye cada día.

Que si es el escribir los sueños de la noche;

que también es poesía cuando defines el amor;

que si ese amor te deja va y lo escribes en rima...

que si ahora tienes nuevo amor..... y ¡..qué se yo...!

¿Y tú, mujer, también preguntas qué es poesía?

¿No lo sabes? "¡...Poesía eres tú...!"

Ya te lo dijo Bécquer una vez. ¿..Es que no lo sabías..?

Rafael Angel.



Marcos Fernández:


MÚSICA. PROPOSTA A.

Esther e Miguel achegan as seguintes ligazóns:





https://www.youtube.com/watch?v=Fne8OAa19Qg Galicia

CASA MUSEO MANUEL MARÍA. PROPOSTA 14.
Marta Álvarez achéganos a seguinte presentación sobre a Casa Museo Manuel María:

13 comentarios:

  1. PROPOSTA 2. INVESTIGAR
    Un dos concellos que teñen unha rúa dedicada a Manuel María é Pantón, situado no Sur da provincia de Lugo. Segundo a información que, amablemente, nos proporcionaron en dito concello (concretamente, Javier González), decidiron dedicarlle unha rúa a Manuel María porque o escritor sempre estivo moi vencellado a ese concello, posto que tiña amizades na zona e, ademais, dedicoulle a Pantón parte da súa obra (Cantigas e Cantos de Pantón, O miño canle de luz e néboa, Glosa o románico..). Esta estreita relación co concello, fixo que ao seu falecemento se pensase en adicarlle unha rúa na capitalidade do municipio, O Castro de Ferreira.
    A ocasión xurdiu coa construción dunha nova rúa no centro urbano e en pleno decidiuse adicarlla ao poeta chairego de nacemento, pero monfortino de adopción.

    Para saber máis sobre o concello de Pantón: http://www.concellodepanton.es/

    Pablo Lolo (4ºESO, CPI Luís Díaz Moreno)

    ResponderEliminar
  2. PROPOSTA 2. INVESTIGAR
    O concello de Allariz (Ourense) ten tamén unha rúa dedicada a Manuel María; enviamos unha solicitude para preguntar polas razóns desta decisión e, inmediatamente, recibimos a resposta de Francisco García, alcalde de Allariz, quen nos explicou que esa homenaxe ao grande poeta galego foi realizada polo pleno da corporación, a proposta do goberno municipal.
    A escolla de nomes para as rúas novas que non teñen unha denominación tradicional fixose atendendo aos méritos e relevancia que, para a cultura galega, representan autores como Manuel María, unha figura que por outra parte tivo tamén en Allariz unha activa participación en actividades culturais, conferencias, etc e mesmo como pregoeiro nas festas patronais...
    Unha vez aprobado polo pleno da corporación procedeuse á colocación das placas co seu nome na rúa adicada á súa memoria e recoñecemento.

    Moitísimas grazas ó alcalde de Allariz pola súa colaboración.
    Para saber máis sobre o concello de Allariz: http://www.allariz.com/

    Paula Chao e Bianca Calistru (4º ESO, CPI Luís Díaz Moreno)

    ResponderEliminar
  3. PROPOSTA 2. INVESTIGAR
    A Facultade de Filoloxía da UDC ten unha aula cuxo nome é Manuel María; en resposta á nosa solicitude de información, Xosé Manuel Sánchez Rei, Secretrio desta Facultade, informounos de que isto é así desde o ano 2008 e de que nesta sala se imparte docencia dos graos e dos mestrados. A iniciativa partiu dos Comités Abertos de Facultade (CAF). A razón de que se optase por este escritor foi, por un lado, unha homenaxe que se lle quixo brindar á iniciativa dos CAF, dado o compromiso inquebrantábel do escriitor coa lingua e coa literatura do país; por outro lado, máis un motivo foi a relación do propio centro co escritor, xa que, ao morar na Coruña nos últimos anos da súa vida, mantivo sempre unha actitude moi colaborativa coas actividades culturais e literararias que se proxectaban desde a nosa facultade e que tiñan repercusións na vida cultural da cidade e da comarca.
    O proceso comezou cunha formulación na Xunta de Facultade de Filloxía en febreiro de 2007, continuou cunha petición formal feita no rexistro do centro e concluíu, de alí a uns meses, en que a sala 1.1 sexa tamén coñecida como "Aula Manuel María". Foi un acto moi emotivo a que asistiu a propia viúlva de Manuel, Saleta Goy, no día da súa inauguración.

    Dámoslle as grazas a Xosé Manuel Sánchez Rei pola súa resposta e atención.

    Alba Fernández, Nerea Fernández, Diego Méndez (4º ESO, CPI Luís Díaz Moreno)

    ResponderEliminar
  4. En Moaña hai un paseo que leva o nome de Manuel María; dirixímonos ó concello de Moaña e recibimos a resposta de Aldán Santamarina Corral (a quen lle agradecemos a súa colaboración), quen manifestou que lle solicitara información a quen fora alcalde de Moaña cando se creou o Paseo Manuel María: Xosé Manuel Millán Otero.
    A resposta de Aldán Santamarina foi a seguinte:
    O "Paseo do poeta Manuel María" está situado no barrio do Rosal, nun tramo de arredor de cen metros á beira do río do Puntillón ou do Muíño do Inferno. O pleno do Concello de Moaña decidiu pórlle ese nome nunha sesión celebrada no mes de outubro de 2006, ao mesmo tempo que se daba nome a todas as rúas e prazas do novo barrio, que estaba sendo acabado de urbanizar e íase entregando ao Concello. Na mesma data, entre outras, nomeouse a rúa de Bernardino Graña, que limita co paseo de Manuel María, e do 25 de xullo. Púxose ese nome a proposta do BNG, por razóns evidentes.
    O paseo inaugurouse en xuño de 2009, coa asistencia da compañeira de Manuel María, Saleta Goi, o presidente da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, e a poeta Marta Dacosta, en representación da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No acto, ademais dos sinalados, interviu Bernardino Graña, cuxa rúa tamén se inauguraba. Á entrada do paseo instalouse unha placa e plantouse un carballo, que segue medrando: o carballo de Manuel María. A celebración rematou cun pequeno festival en que actuou no salón de actos do IES As Barxas o coro compostelán Solfa e o cantautor miñorano Tino Viz.

    Moitas grazas de novo pola colaboración.

    José Manuel Fernández (4º ESO, CPI Luís Díaz Moreno)

    ResponderEliminar
  5. Inma Estévez, Secretaria da Área Cultura,Turismo, Xuventude e Promoción da lingua do concello de Lugo, deunos tamén información sobre a Rúa Manuel María deste concello; aquí a reproducimos:
    Por acordo plenario de data 3 de marzo de 1995, acordouse darlle o “nome de MANUEL MARIA,Poeta a rúa que vai dende a Avda da Coruña, paralela á rúa Camiño de Pipín, e finalizando na rúa Santo Grial (en proxecto)”.

    A razón pola que se adoptou este acordo foi en base a súa vinculación coa cidade de Lugo, onde publicou os seus primeiros libros e os dos primeiros números da revista Xistral. No ano 1996 foi o pregoeiro das festas de San Froilán.

    Dámoslle as grazas pola resposta.

    Alba Fernández, Nerea Fernández, Diego Méndez (4º ESO; CPI Luís Díaz Moreno)

    ResponderEliminar
  6. PROPOSTAS ARREDORDEMANUELMARÍA
    Nicolás Vilela Pérez
    https://docs.google.com/document/d/1d7KOZOaS0Da-aVHI3lgrM3isposDKzQoabWfpwyw7Jg/edit?usp=sharing
    (Segundo vaia engadindo propostas, irase actualizando o documento.)

    ResponderEliminar
  7. INVESTIGA A TRAVÉS DA PRENSA
    Cal é a relación de Manuel María con Monforte ?
    Manuel María residiu durante gran parte da súa vida en Pantón. Plasmou este vínculo no poemario Cantigas e cantos de Pantón. A Sober non lle dedicou un libros, senón que escribiu diversos textos.


    Que escritor/a ocupa actualmente a “súa” cadeira na R.A.G ?
    O escritor que ocupa a ‘’ cadeira ‘’ de Manuel María é Darío Xohán Cabana


    Que outros dous candidatos foron propostos xunto con Manuel María para o Día das Letras Galegas 2016? Que poderías contar sobre eles?
    Os outros dous candidatos eran Xela Arias: escritora, tradutora e proferora de lingua galega, e Carbalho Calero: foi membro numerado da Real Académia Galega, filósofo e escritor español.


    Que homenaxes se veñen realizando sobre os escritor nos últimos meses?
    Un dos homenaxes máis curiosos e próximo que atopei foi o que se fará nos buses urbanos de Lugo. Durante o mes de maio, levarán escritos dezasete poemas distribuídos no interior dos 50 buses. Esta actividade está dentro das iniciativas que organizou o concello de Lugo para renderlle homenaxe. Tamén haberá múltiples actividades como talleres, contacontos, títeres, teatro e concertos

    Marta Álvarez

    ResponderEliminar
  8. Galicia

    Galicia é unha nai
    un pobo aquí, outro acolá.
    É a voz dos avós,
    a esencia máis nosa.

    Que fermosa a súa feitura!
    unha canción misteriosa,
    e esa voz de campana,
    sen son e sen badal

    Galicia vella, pobre herencia
    a patria do meu desacougo,
    e do meu amor,
    ameite dende que abrín os ollos.

    É unha patria terreal e humana,
    que envellece comigo día a día.
    Nos meus ollos levo ás suas paisaxes,
    e a música amorosa das palabras.

    Resposta a proposta Nº5
    Marta Fdez e Esther López

    ResponderEliminar
  9. O idioma

    O idioma é a vida,
    a creación común,
    fino como un asubío,
    pon orde no mundo.

    Contra todos os ventos,
    bombas atómicas, de mao e de napalm
    erguen unha música doce e harmoniosa,
    a esencia mais nosa.

    Resposta a proposta Nº5
    Marta Fdez e Esther López

    ResponderEliminar
  10. Os versos dos dous poemas anteriores foron dos seguintes obras:
    Ritual para unha tribo capital de concello.
    A Rosalía
    Galicia
    A fala
    O carro
    A terra Chá
    Poemas ao outono
    Laio dun emigrante
    As lúcidas lúas de outono
    O camiño é unha nostalxia
    Odes un tempo de paz e alegría
    Remol
    Canciós de lusco ó fusco

    Resposta a proposta Nº5
    Marta Fdez e Esther López.

    ResponderEliminar
  11. Resposta a proposta Nº10

    A miña caste ten os seus ancestros
    Fieles á súa terra e ao seu Deus
    A séculos de dor e impotencia.
    L aio dun emigrante,
    Aínda que non te ollara nunca.


    Os versos foron extraídos das seguintes obras:
    -Poemas ao outono
    -Ritual para unha tribo capital de concello
    - Documentos persoais
    -Laio dun emigrante
    - As lúcidas lúas de Outono.

    Marta Fdez e Esther López

    ResponderEliminar
  12. ACRÓSTICO
    Mellor non me maltrates se non
    Avisarei á policía co
    Número 112 e virán
    Urxentemente
    En busca de ti e
    Levarante a prisión.

    Mandareite
    Ao xulgado e despois
    Rifaremos durante días e
    Irás ó cárcere e estaremos
    A pelexar pola custodia da nena.

    Luis, Marcos, Manuel, Fran, Miguel, Sergio

    ResponderEliminar
  13. Resposta á pregunta da semana da prensa por Marta Fernández e Esther López:
    1.Outeiro de Rei
    2.Monforte
    3.Antonio
    4.Chá
    5.Pastora
    6.Muiñeiro
    7.Saleta
    8.Teixeiro
    9.Poesía
    10.Coruña
    11.Fernández

    ResponderEliminar