Día da poesía (21/03)

PROPOSTA A
No seu discurso de ingreso á RAG, Manuel María di:
Escribín por  un irreprimíbel afán de comunicación cos meus semellantes, e por gañar un mínimo espazo á morte. A palabra falada lévaa o vento. A que se escribe, anque non se lea nunca, permanece viva mentres se conserve no soporte que a contén. Nos anos da adolescencia e a mocidade coidei que era poeta. Conforme foi pasando o tempo, entráronme as dúbidas. O número de versificadores é infindo. Os auténticos poetas, moi escasos. Sospeito que ao longo da miña vida houbo algún intre no que quizais rocei o milagre poético. Quizais. Non podo afirmalo. Ao peor todo foi un espellismo. Teño sempre moi presente un poema de Álvaro Cunqueiro no que di:
Pra un verso mil anos son unha mocedá.

Tamén poetizou a súa concepción de poema:
O poema
Um poema é um ser vivo que anda,
respira, sonha, chora, salouca,
ama, berra, cintila e escurece,
cala, aborrece a mentira,
sente ódio e ternura, dessangra-se,
fala de intimidade e intimidade
coas cousas e coa gente, sugere
mundos possíveis e impossíveis,
sua, cansa, sofre sede e fame,
adoece, agoniza. E nunca morre.
                                                 A luz ressuscitada (1984)
Procurade vós as declaracións doutros poetas e poetisas sobre a poesía, xa sexa en prosa ou en verso, e podedes engadir a vosa propia opinión ó respecto.

PROPOSTA B
Fixádevos nestes vídeo-poemas, o primeiro é de Sara Criado Rodríguez, 4º ESO, curso 2014-15; o segundo é de Antía Varela Muñiz:
video
video
 Animádesvos a elaborar vós un?



PROPOSTA C
Podemos retomar a primeira proposta xeral que vos fixemos (1. Recitar) e facer unha nova gravación con outros poemas de Manuel María; para aqueles e aquelas que aínda no probastes, agora é o momento!


Lembrade "subir" os vosos traballos á pestana correspondente ou envialos a bepeal1@gmail.com
Grazas! 

Temos xa algunhas colaboracións na pestana de 3º/4º de ESO.
Moitas grazas!

Ningún comentario: